Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idalia atravesa Florida como un furacán maior e deixa 250.000 fogares sen luz

Idalia atravesa Florida como un furacán maior e deixa 250.000 fogares sen luz

O furacán móvese agora cara a costa leste dos Estados Unidos

Idalia achégase a Florida con vento de 225 km/h e unha perigosa marusía ciclónica

Autoestrada en Tampa
G24.gal 30/08/2023 14:25 Última actualización 30/08/2023 21:11

O ollo do furacán Idalia tocou terra este xoves na costa do noroeste de Florida, preto de Keaton Beach, con vento de 205 km/h, segundo informou o Centro Nacional de Furacáns dos EUA.

O impacto produciuse sobre o mediodía, segundo datos dun avión caza furacáns de Reserva da Forza Aérea, e os niveis do mar na zona están a subir rapidamente, dixo o NHC nun boletín especial.

En Cedar Key, máis ao norte de Keaton Beach, unha boia de medición de mareas da Administración do Océano e a Atmosfera (NOAA) rexistrou unha crecida do nivel da auga 1,7 metros).

De acordo con os ventos rexistrados polo avión cazafuracáns, Idalia era un furacán con vento de categoría 3 cando entrou en terra. Unhas dúas horas antes da aterraxe, os seus ventos eran de 225 km/h, é dicir de categoría 4.

Segundo o NHC, despois de tocar terra Idaia degradouse a categoría 1. Dende entón avanza polo sur de Xeorxia eestá xerando unha suba do nivel do mar ao longo da costa do Golfo de Florida.

O gobernador de Florida, Ron DeSantis, repetiu este mércores pola mañá o seu chamamento para "manterse seguros, a non poñer a vida en perigo", ao enumerar os riscos que entraña Idalia e as forzas que o estado ten preparadas para responder á emerxencia en ámbitos como a saúde, o rescate de persoas, a enerxía, a conectividade e a mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade