Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idiakez: "Botar un adestrador na sexta xornada tamén fala de quen o fai"

Idiakez: "Botar un adestrador na sexta xornada tamén fala de quen o fai"

Para o técnico do Dépor, o principal motivo polo que o seu equipo ocupa unha das prazas de descenso é que non está a ser “eficaz”

Foto @RCDeportivo
G24.gal 26/09/2024 15:14 Última actualización 26/09/2024 15:19

Imanol Idiakez, adestrador do Deportivo, referiuse este xoves, na véspera de visitar ao Albacete no Carlos Belmonte, á inestabilidade dos técnicos nos bancos da Liga despois de que en seis xornadas xa se produciron tres destitucións.

“Así é como funciona o circo”, chanceou o técnico guipuscoano, quen profundou na súa análise:

“Hai tempo que nos volvemos tolos, pero nós non podemos facer nada porque se o digo eu parece que é por un ataque de coleguismo”.

“O que bota a un adestrador tan pronto tamén debería pensar para que o contratou e por que. Despedir a un adestrador na quinta ou sexta xornada tamén fala do que o fai”, criticou na súa comparecencia.

Idiakez, que viviu nun constante cuestionamento desde a súa chegada ao banco, incidiu en que el ten claro que o “único” camiño para saír das malas series é “ir semana a semana”.

“Así foi o ano pasado, é este ano e será sempre no fútbol profesional. Cada semana hai un partido e cada resultado marca as circunstancias. Non empezamos como queriamos, pero mañá temos unha oportunidade para sacar esa vitoria que faría que tamén cambien as vosas preguntas”, comentou.

Para o técnico do Dépor, o principal motivo polo que o seu equipo ocupa unha das prazas de descenso a Primeira Federación é que non está a ser “eficaz” en ningunha das dúas áreas.

“Os datos están aí e o do outro día é o mellor exemplo. Un partido que pode ser de empate ou de vitoria axustada túa e acábalo perdendo por pequenos detalles. Nesta categoría os erros penalízanche e hai que ser eficaz”, reiterou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar