Idiakez: "Cada día que estou no Deportivo é unha sorte para min"
Idiakez: "Cada día que estou no Deportivo é unha sorte para min"
O adestrador do Deportivo resta valor aos seus 50 partidos á fronte do club e céntrase nos tres puntos ante o Málaga
Tras unha semana tranquila no Deportivo e coa tranquilidade que outorga a goleada ante o Albacete, Imanol Idiakez sentou ante os medios de comunicación para analizar a actualidade do conxunto branco e azul.
A única dúbida a día de hoxe é Petxa. O resto foi por precaución pero tanto Ximo como Jurado ou Bouldini adestraron ben.
Coas incorporacións de final de mercado era lóxico que algúns necesitasen tempo.
"Mfulu fixo un bo traballo o outro día e son boas noticias. Iremos facendo máis fortes desde a competencia interna".
Idiakez cumpre 50 partidos á fronte do Deportivo.
"Non fago balances, valoro cada día que estou aquí porque é unha sorte para min estar nun club tan grande como este e oxalá os 50 queden nunha anécdota porque o importante son os tres puntos".
O Deportivo-Málaga foi declarado de alto risco.