Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idiakez e a solución ás lesións: "As noites do adestrador son longas e a almofada di moitas cousas"

Idiakez e a solución ás lesións: "As noites do adestrador son longas e a almofada di moitas cousas"

O técnico de Deportivo ten confianza absoluta en Hugo Rama e Patiño

Foto @RCDeportivo
G24.gal 23/10/2024 13:31 Última actualización 23/10/2024 15:04

O Deportivo afronta dous partidos en catro días ante Levante e Rácing de Santander, o que se xunta con varias lesións no centro do campo que abren a porta ás rotacións.

O técnico non anticipa moitas para mañá, pero si recoñece que terá que fiar fino de fronte ao domingo. Aí aparecen os nomes de Hugo Rama e Patiño, nos que o técnico ten total confianza.

“Confianza absoluta en todos. Cada semana só poden xogar 11 de inicio máis os cambios e un ten que ir dando estabilidade aos xogadores. A tempada é moi longa, sabemos que temos un equipo de nivel, traballan fenomenal e son xogadores de total confianza. Cando lles toque, seguro que dan o nivel”.

Sobre as posibles solucións ante o importante número de lesións, Idiakez falou coa almofada.

"As noites do adestrador son longas e a almofada di moitas cousas. Tomarei a máis lóxica, a que dea máis equilibrio e máis seguridade".

 O técnico deportivista volveu referirse á falta de acerto ante a portería contraria.

“As ocasións non aparecen por casualidade. Non estamos a ter eficacia, pero estaría moito máis preocupado se non houbese oportunidades. Estamos a tentar que chegue o acerto, pero o acerto ás veces é caprichoso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar