Idiákez, sobre o derbi: "Asumo a dificultade, tamén teñen o obxectivo do ascenso"
Idiákez, sobre o derbi: "Asumo a dificultade, tamén teñen o obxectivo do ascenso"
O adestrador deportivista confía en que algún centrocampista máis poida chegar ao equipo antes do peche de mercado
O adestrador deportivista, Imanol Idiákez, confía en que algún centrocampista máis poida chegar ao equipo antes do peche de mercado.
"Algún máis por dentro pode vir", significou en rolda de prensa o preparador, que encomiou o papel de Isi Gómez na presente pretemporada.
"Dá pena que se vaia, o seu comportamento é exemplar pero debemos facer o mellor equipo posible", expuxo.
En relación á nova fichaxe branquiazul, Salva Sevilla, o técnico restoulle importancia a "algún altercado" recente do xogador co deportivismo e céntrase no que pode ofrecer.
"É un experto en ascensos, cunha calidade indubidable e vai achegar o seu granito de area".
Referiuse tamén ao derbi ante o Lugo
"Asumo a dificultade, tamén teñen o obxectivo do ascenso".