Iffe creará un cento de empregos nunha planta de produción de omega-3 nas Somozas
Iffe creará un cento de empregos nunha planta de produción de omega-3 nas Somozas
Comezará a operar en 2023 e supón un investimento de 18 millóns de euros
A produción de omega-3 é un mercado en crecemento a nivel mundial. Obtense a partir de aceite de peixe tratado para consumo humano, unha materia prima que chegará de países como Chile ou O Perú a través do porto exterior de Ferrol. Di o Presidente do grupo Iffe, David Carro que impulsa o proxecto, que na nova planta das Somozas refinarase o aceite e tratarase a través dunha tecnoloxía punteira para ser destinado á industria alimentaria ou farmacéutica.
En total vanse investir uns 18 millóns de euros. Nunha primeira fase da planta crearanse trinta empregos pero a previsión é chegar a xerar un cento de postos de traballo. Ademais poderá impulsar novas iniciativas industriais no sector de mar en Galicia. O obxectivo, di David Carro, é valorizar os produtos da industria pesqueira na nosa comunidade e producir un omega-3 cen por cento galego.
O proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia, supón un novo impulso industrial para a comarca de Ferrolterra.