Iglesias asegura que Yolanda Díaz "existe" grazas a Podemos
Iglesias asegura que Yolanda Díaz "existe" grazas a Podemos
En Unidas Podemos din que comparten o espazo político coa vicepresidenta segunda
Unidas Podemos reivindica a súa marca política despois de que o presidente do Goberno abrira a porta a repetir a coalición de esquerdas pero sen mencionar a Podemos, referíndose unicamente a Yolanda Díaz.
A propia vicepresidenta segunda recollía a luva. Anuncia que retoma o proceso de escoita coa cidadanía para iniciar o seu proxecto político. E di que está disposta a colaborar co presidente do Goberno.
O voceiro de Unidas Podemos, Pablo Echenique, di que o espazo de Yolanda Díaz é o espazo de Podemos.
E tamén entrou no debate Pablo Iglesias. Lémbralle a Díaz que se está agora nunha posición de liderado é grazas a Podemos, á cúpula do partido que meteu presión para entrar no Goberno. E avisa: sen a militancia de Podemos será imposible un proceso transformador progresista.