Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ignacio González deixará a dirección de Nueva Pescanova antes da venda a Cooke

Ignacio González deixará a dirección de Nueva Pescanova antes da venda a Cooke

A saída producirase o 6 de xuño "por motivos persoais"

José María Benavent, actual presidente executivo do grupo, será o seu substituto

Ignacio González, CEO do Grupo Nueva Pescanova (Nueva Pescanova) Ignacio González, CEO do Grupo Nueva Pescanova (Nueva Pescanova)
G24.gal 23/05/2023 12:34

O conselleiro delegado do Grupo Nueva Pescanova, Ignacio González, deixará o seu cargo o próximo 16 de xuño, semanas antes da venta a Cook, e será substituído por José María Benavent, actual presidente executivo do Grupo.

As razóns da saída de González, no cargo desde o 1 de febreiro de 2016, “son estritamente persoais”, segundo informou este martes a compañía nun comunicado.

As súas funcións serán desenvoltas por José María Benavent, actual presidente executivo do Grupo desde 2020 e presidente do Consello de Administración, do que forma parte desde 2019.

Durante estes sete anos e medio como conselleiro delegado, González “liderou con determinación a transformación que a compañía necesitaba, ata conducila á posición onde se atopa hoxe en día, cunha frota renovada e competitiva”, destaca a compañía.

O Grupo Nueva Pescanova, no seu comunicado, agradece a Ignacio González a súa “entrega e dedicación durante todo este tempo e deséxalle moito éxito nas súas futuras aventuras profesionais”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade