Cargando resultados...
Nueva Pescanova perde 131 millóns no seu último ano fiscal, o dobre do exercicio anterior
Nueva Pescanova perde 131 millóns no seu último ano fiscal, o dobre do exercicio anterior
Atribúeno á inflación, á caída histórica do prezo do lagostino e ao efecto climático do fenómeno el Niño
G24.gal
11/09/2024 16:32
O grupo pesqueiro Nueva Pescanova pechou o seu último exercicio fiscal 2023-2024 (ao 31 de marzo) cunhas perdas de 131 millóns de euros. É máis do dobre do ano fiscal anterior, cando pechou con 53 millóns de perdas.
A empresa atribúe o mal dato á caída histórica do prezo do lagostino e ao efecto climático do fenómeno el Niño.
As contas anuais consolidadas de Nueva Pescanova reflicten que o grupo, con sede en Chapela-Redondela , rexistrou no seu último exercicio unhas vendas de 970 millóns.
A empresa pesqueira subliñou que con estes resultados péchase o ciclo de "dous exercicios moi impactados por factores externos extraordinarios".