Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chantada acolle o II Foro Rural Sustentable que pretende transformar o agro

Chantada acolle o II Foro Rural Sustentable que pretende transformar o agro

Créanse grupos de traballo para activar proxectos que supoñan cambios reais
 

G24.gal 20/04/2024 20:33 Última actualización 20/04/2024 21:25

Celébrase esta fin de semana en Chantada a segunda edición do Foro Rural Sustentable, un encontro no que participan un cento de activistas da transformación do rural.

O propósito é escoitar axentes do cambio, entidades ou empresas, que desenvolveron iniciativas para compartir experiencias e crear futuro. É o caso de Xesús, copropietario dunha queixería creada logo de transformar unha explotación intensiva de frisoas nunha extensiva de jersey.

Outra experiencia compartida é a de Manuel Campo Vidal, que tamén no rural creou unha escola de negocios cunha cátedra sobre reto demográfico e despoboamento.

Este foro é o xerme de grupos de traballo para que a semente frutifique en proxectos reais nos que o rural sexa o medio e tamén o protagonista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade