Publicador de contidos
Publicador de contidos

Imanol Idiakez deixa de ser o adestrador do Deportivo

Imanol Idiakez deixa de ser o adestrador do Deportivo

Nos próximos días, o Club anunciará o nome do novo adestrador

O adestramento deste luns será dirixido por Roberto Cabellud

G24.gal 28/10/2024 10:23 Última actualización 28/10/2024 11:07

O Deportivo prescindiu dos servizos do técnico Imanol Idiakez “tras unha exhaustiva avaliación do rendemento do equipo e a súa traxectoria na presente tempada”, informou o club.

A derrota deste domingo ante o Racing de Santander (1-2) en Riazor acelerou a saída do adestrador guipuscoano. Os dirixentes do club reuníronse nada máis terminar o encontro para avaliar a posible saída do técnico que devolvera ao Dépor ao fútbol profesional tras unha longa travesía pola antiga Segunda División B.

O equipo branco e azul é antepenúltimo na clasificación con tan só 10 puntos nas doce primeiras xornadas. O Dépor só gañou dous partidos desde a súa volta a Segunda División, ante o Rácing Ferrol en Riazor e contra o Albacete no Carlos Belmonte.

No seu comunicado, o Dépor agradeceu a Idiakez a súa “dedicación” e “esforzo” durante a súa etapa no club, así como a súa “grande achega” no “ansiado” ascenso da tempada pasada.

“Foi un exemplo de compromiso e profesionalidade, e desexámoslle moito éxito nos seus futuros proxectos”, apuntou o club presidido por Juan Carlos Escotet.

O adestramento deste luns será dirixido por Roberto Cabellud.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar