Imputan o propietario do Saltamontes, a atracción en que morreu un home nas festas de Matamá, en Vigo
Imputan o propietario do Saltamontes, a atracción en que morreu un home nas festas de Matamá, en Vigo
En Vigo, a xuíza decidiu imputar o propietario do Saltamontes, atracción en que morreu o mozo Iván Castaño Hervella o pasado verán, nas festas de Matamá
A maxistrada cítao en calidade de investigado por presunta autoría de delito de homicidio imprudente

En Vigo, a xuíza decidiu imputar o propietario do Saltamontes, atracción en que morreu o mozo Iván Castaño Hervella o pasado verán, nas festas de Matamá.
A maxistrada cítao en calidade de investigado por presunta autoría de delito de homicidio imprudente. O informe do perito xudicial atribúe o tráxico suceso a un insuficiente axuste dos parafusos de suxeición do brazo da atracción que se desprendeu.
O experto que analizou o caso atribúe o afrouxamento dos parafusos a un deficiente mantemento. Esta é a primeira e polo de agora única imputación neste procedemento xudicial. A comparecencia será o 29 de abril.