Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia xa conta co primeiro Centro Integral de Loita contra o Lume

Galicia xa conta co primeiro Centro Integral de Loita contra o Lume

A estrea coincide coa entrega ao servizo galego contra o lume de 14 batracios: equipos que combinan tractor, trituradora e cisterna

G24.gal 16/12/2023 17:17 Última actualización 16/12/2023 23:04

As instalacións do antigo sanatorio de Toén acollen agora aulas e unha pista única en España para o adestramento de bombeiros. Aquí aprenderán a loitar contra os chamados incendios forestais de quinta xeración, moito máis difíciles de controlar e apagar.

A estrea do centro coincide coa entrega ao servizo galego contra o lume de 14 batracios, equipos que combinan tractor, trituradora e cisterna. O presidente Alfonso Rueda destaca que Galicia conta co mellor persoal na materia e compromete o apoio da Xunta para facer deste centro un referente internacional.

Os bombeiros recibirán formación continua neste centro, que se porá a disposición de profesionais de toda Europa e de especialistas na investigación de incendios forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade