Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco mortos tras chocar dous avións nun aeroporto de Tokyo

Cinco mortos tras chocar dous avións nun aeroporto de Tokyo

Colidiron unha aeronave comercial e un aparello da Garda Costeira, onde ían os falecidos e mais o capitán, que está grave

Entre os 379 ocupantes do voo de Japan Airlines quedaron feridas 17 persoas

G24.gal 02/01/2024 10:59 Última actualización 02/01/2024 20:43

Cinco persoas morreron no Xapón despois do choque entre dous avións nun aeroporto de Tokyo. Colidiron unha aeronave comercial con 397 ocupantes que estaba aterrando e unha aeronave da Garda Costeira onde ían os cinco falecidos e onde só sobreviviu o sexto ocupante, o capitán, que quedou ferido de gravidade. Os pasaxeiros e a tripulación do avión comercial de Japan Airlines puideron ser evacuados. 17 deles quedaron feridos. 

"Cheirei algo de fume, pero non vin pasaxeiros entrar en pánico. Saímos todos do avión en cinco minutos", conta Satoshi tras pasar o susto.

"Só podo dicir que foi un milagre. Puidemos morrer se nos atrasásemos coa evacuación", di estoutro pasaxeiro do voo de Japan Airlines, que declarou oír unha explosión dez minutos despois de saír do avión.  

O accidente obrigou a pechar temporalmente as catro pistas dese aeroporto de Haneda. Polo momento descoñécense as circunstancias exactas do sucedido.

"Quero saber por que pasou isto. Pero non quero ir en avións nunca máis", resume Tsubasa. 

O fabricante aeronáutico europeo Airbus anunciou o envío dun equipo de especialistas a Tokyo para participaren na investigación sobre esta colisión entre un dos seus avións A350 e o DHC-8 da Garda Costeira, que se dirixía á súa base no aeroporto de Niigata co fin de entregar axuda humanitaria ás persoas afectadas polo terremoto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade