Un incendio provoca danos no secadoiro dunha fábrica de ladrillos na Laracha
Un incendio provoca danos no secadoiro dunha fábrica de ladrillos na Laracha
O fallo dun sensor de temperatura semella estar detrás do incidente
Susto esta madrugada por un incendio nunha nave de fabricación de ladrillos no polígono industrial da Laracha.
Os Bombeiros de Carballo tiveron que empregarse a fondo para sufocar as lapas nunha estancia dedicada ao secado de cerámica e evaporación de líquidos, que produciu unha mesta fumareda e unha alta carga térmica.
Conseguiron apagalo tras hora e media de traballo pero tiveron que arrefriar a estrutura en varias ocasións.
Fontes da empresa aseguran que a orixe do lume está no fallo dun sensor de temperatura. O incendio non afectou ao resto da nave, xa que as lapas quedaron confinadas no secadoiro.
Tampouco houbo feridos entre o persoal nin se interrompeu a actividade da fábrica. Na intervención participaron tamén Protección Civil da Laracha e os Bombeiros de Arteixo.