Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incendio nunha nave agrícola en Monterrei

Incendio nunha nave agrícola en Monterrei

Un dos bombeiros quedou ferido, pero o seu estado non é grave

Imaxes cedidas por 'Comarca de Monterrei' Imaxes cedidas por 'Comarca de Monterrei'
G24.gal 02/10/2023 16:15

Incendio nunha nave agrícola situada no concello ourensán de Monterrei.
Un dos bombeiros que participaba nos traballos de extinción quedou ferido. Tivo que ser evacuado polos seus propios compañeiros do parque de Verín, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

O lume comezou sobre as 9 da mañá, nunha nave do lugar de Vilaza, preto da estrada que conecta a rotonda do polígono industrial de Pazos coa nacional 525.

Foron varios particulares os que alertaron de que se declarara un incendio na nave, onde se garda maquinaria agrícola e útiles, pero non animais. A columna de fume foi moi intensa e era visible en varios quilómetros á redonda no val de Monterrei e tamén dende a autovía A-52.

A rápida actuación dos bombeiros de Verín, que contaron ademais coa axuda dos membros do GES de Muíños e de bombeiros do distrito forestal da Xunta, permitiu extinguir axiña as lapas, quedando controlado dúas horas despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade