A denominación de orixe Monterrei multiplica por oito as súas exportacións
A denominación de orixe Monterrei multiplica por oito as súas exportacións
Na última campaña comercializou máis de 8.700 hectolitros, fronte aos 1.000 da anterior
Irlanda, Bélxica, Alemaña ou Holanda son algúns dos principais destinos dos seus viños
A denominación de orixe Monterrei multiplica por oito as súas vendas fóra das nosas fronteiras. Durante a última campaña, exportou máis do 17 % da produción.
Segundo os últimos datos do Ministerio de Agricultura, puxo no mercado máis de 50.000 hectolitros de viño cualificados. Destes, uns 8.700 vendéronse no exterior, oito veces máis que na campaña anterior.
Segundo o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago, este incremento débese, en parte, ao traballo de promoción que están a realizar nos mercados internacionais.
Irlanda, Alemaña, Holanda ou Bélxica están entre os principais destinos dos viños de Monterrei que tamén empezan a chegar a puntos máis afastados como O Xapón ou Colombia.