Publicador de contidos
Publicador de contidos

Indemnización millonaria e histórica de dous fotógrafos a Mariló Montero

Indemnización millonaria e histórica de dous fotógrafos a Mariló Montero

Por captar imaxes da súa vida privada en top-less e por facer insinuacións sobre a súa orientación sexual

É unha das maiores indemnizacións en España por intromisión ilexítima na intimidade e a honra

G24.gal 12/01/2022 22:17

Un xulgado madrileño condena dous fotógrafos a pagaren 265.000 euros á xornalista Mariló Montero por captar imaxes da súa vida privada en viaxes ás Maldivas e a Bora-Bora e por facer insinuacións sobre a súa orientación sexual.

Tamén a pagaren 75.000 euros á amiga que a acompañaba en 2015 na segunda viaxe en Bora Bora, en que aparece en top-less. Na primeira viaxe das Maldivas, Montero viaxaba acompañada polos seus fillos en 2014.

A sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 35 de Madrid condena os fotógrafos propietarios da axencia Código Press (Diegus S.L.) ao pagamento dunha das maiores indemnizacións ordenadas en España por intromisión ilexítima na intimidade e a honra.

Os fotógrafos argumentaron que se trata dunha figura pública que estaba en lugares públicos, e que Montero inicialmente non denunciara as fotos que publicou noutra revista, segundo eles, retocadas.

Sobre as fotos en top-less de Bora Bora, os profesionais inciden en que non se publicaron e que "ninguén da axencia nin da súa contorna efectuaron manifestacións públicas sobre a existencia das fotos, nin afirmación, insinuación ou manifestación ningunha que puidese ser considerada humillante ou que afectase á súa honra".

Considera, igual ca a Fiscalía, que iso é o que fixo a demandada, que a sentenza considera que se vulnera a honra, a intimidade e a propia imaxe de Montero.

Sentenzas similares

En 2012 o Tribunal Supremo condenou as empresas editoras das revistas Interviú, El Periódico de Cataluña e Cuore e mais as páxinas web das dúas primeiras, pertencentes ao Grupo Zeta, a aboar 310.000 euros á actriz Elsa Pataky por intromisión ilexítima na súa imaxe ao publicar varias imaxes dela espida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade