Cargando resultados...
Piden que se conxelen os prezos da AP-9 ata que se resolva a legalidade da prórroga
Piden que se conxelen os prezos da AP-9 ata que se resolva a legalidade da prórroga
A Plataforma En Colectivo considera un agravio comparativo os incrementos nas autoestradas galegas
G24.gal
31/12/2023 14:23
Última actualización 31/12/2023 17:30
A partir do 1 de xaneiro circular pola AP-9 vai custar un 6,55 % máis. A suba provoca indignación entre as persoas usuarias que coidan que a autoestrada debería estar xa amortizada.
O presidente da Plataforma En colectivo considera un agravio comparativo que Galicia sexa a terceira comunidade na que máis suban as peaxes cando xa eran das máis caras. Ir da Coruña a Vigo vai custar case 20 euros e de Vigo a Pontevedra case cinco.
A plataforma considera tamén que as peaxes se deberían, polo menos, conxelar mentres a prórroga da concesión se está a investigar por suposta ilegalidade pola Comisión Europea.