Indignación entre os veciños dunha parroquia de Lousame polos continuos cortes de luz
Indignación entre os veciños dunha parroquia de Lousame polos continuos cortes de luz
Din que levan un ano nesta situación
Indignación entre os veciños dunha parroquia de Lousame polos prexuízos que lles causan os continuos cortes de luz que padecen desde hai un ano. Presentaron numerosas reclamacións ante a compañía eléctrica e ante a Consellería de Industria pero polo de agora sen resposta.
A parroquia de San Xoán de Lousame ten arredor dun milleiro de habitantes. Desde hai un ano veñen denunciando os graves prexuízos que lles causan os continuos cortes de luz que se producen na zona.
Presentaron numerosas reclamacións ante a compañía eléctrica e ante a Consellería de Industria, pero din sentirse indefensos e impotentes ante a falta de respostas e explicacións.
Cualifican de anacrónica a situación en que viven e denuncian a contradición das políticas de promoción do rural cando non se dotan as aldeas dos servizos axeitados.
Mentres agardan unha solución, onte mesmo sufriron un novo corte da subministración entre as 11 da mañá e as 2 da tarde.