Indignación no sector tras suxerir o comisario de Pesca que a frota de fondo se dedique a outra actividade
Indignación no sector tras suxerir o comisario de Pesca que a frota de fondo se dedique a outra actividade
Indignación no sector tras suxerir o comisario de Pesca que a frota de fondo se dedique a outra actividade
O sector pide a dimisión inmediata do comisario de Pesca
O comisario propón o turismo pesqueiro coma unha alternativa "interesante"
Foron deseñados para a pesca pero agora Bruxelas suxire que actividades como o turismo pesqueiro son unha 'alternativa interesante' para as frotas. É o futuro, a xuízo do comisario de Pesca, e a súa resposta sobre as medidas para axudar a frota afectada polo veto á pesca de fondo. O sector está indignado.
"Para que sexamos que? camareiros, camareiros seus, que el veña aquí e que nós lle sirvamos que, peixe, peixe non porque non o teremos. O que debería de xurdir desta resposta do comisario é a súa dimisión inmediata, está demostrando a súa incapacidade", dixo Edelmiro Ulloa, o director xerente da cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI).
O comisario rexeita dar marcha atrás ao veto que xa minguou a metade das descargas de peixe nas lonxas e disparou os seus prezos. Responsabiliza o Goberno de que a norma entrara en vigor sen medir antes o seu impacto socioeconómico, porque di non foi preciso nos seus informes.
O que demostra é que non ten ningún interese porque o noso sector poda seguir abastecendo o mercado comunitario garantindo a soberanía alimentaria que é moi importante", engade Edelmiro Ulloa.
Para minimizar as perdas dos buques di o comisario que hai axudas, de ata 30.000 euros por barco, e que deben ser os estados membros quen as concedan. Pero só en Galicia a factura económica e social que deixa a medida supera os 800 millóns de euros.