Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP e o Goberno cúlpanse mutuamente da situación de Alcoa en San Cibrao

O PP e o Goberno cúlpanse mutuamente da situación de Alcoa en San Cibrao

A multinacional anunciou nas últimas horas que quere aprazar indefinidamente o arranque da actividade

G24.gal 23/01/2024 20:31 Última actualización 23/01/2024 22:35

O Partido Popular e o Goberno responsabilízanse mutuamente da situación actual da factoría de Alcoa en San Cibrao. O BNG pídelle ao Goberno que, se é necesario, interveña a empresa para salvar os postos de traballo. 

"Sánchez presumiu de salvar Alcoa e dous meses despois vemos que é mentira. Dese triunfalismo pasamos á incerteza de hoxe, o futuro de Alcoa en San Cibrao e das electrointensivas está no aire, e como último responsable está o seu goberno e o seu caos enerxético", queixouse Juan Diego Requena, deputado do PP.

"Apliquen vostedes unha tarifa eléctrica galega que abarate o consumo para as empresas que están ao lado do centro de produción, modifiquen o estatuto do consumidor electrointensivo e se é necesario interveñan unha empresa como única garantía de que poden continuar os postos de traballo na Mariña", pediu Néstor Rego, deputado do BNG.

Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica, explicou a situación actual: "Alcoa activou un proceso de negociación para poder contar con enerxía eléctrica de prezos estables, enerxía renovable de proximidade en Galicia, coa mala sorte de que os informes preceptivos da Xunta foron emitidos o mesmo día en que vencía a garantía de acceso para a evacuación a Rede Eléctrica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade