Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inglaterra avanza a pesar de que segue sen convencer

Inglaterra avanza a pesar de que segue sen convencer

Adiantouse Suíza, pero Saka empatou cun golazo dende fóra da área

G24.gal 06/07/2024 20:41

O partido presentábase moi igualado no Düsseldorf Arena debido ao pobre xogo mostrado pola selección inglesa e á orde que sempre presenta a selección suíza. Inglaterra formulaba un cambio na aliñación, metendo a Saka como carrileiro dereito e a Trippier como carrileiro esquerdo a perna cambiada; o resto, o esperado. Por parte de Suíza non houbo sorpresas; sacaron o mellor once posible nunha cita moi importante para os suízos. 

A primeira parte seguiu o guión que todo o mundo podía imaxinar, Inglaterra tentando levar o peso do xogo pero sen capacidade para xerar ocasións de perigo, un equipo que está xogando por debaixo das súas posibilidades se se ve a aliñación repleta de estrelas que teñen: Bellingham, Foden, Kane, Rice, Saka... Ante unha Suíza ben plantada no campo, ordenada en defensa e buscando transicións rápidas, tampouco xeraron ocasións de perigo. Chegouse ao descanso como se nada pasase nos primeiros 45 minutos.

A segunda metade transcorría igual que a primeira, moi ordenados, sen ocasións e sen xerar nada en ataque, ata que nun centro lateral que Stones non logrou despexar, Embolo, que estaba sendo suxeitado por Walker, meteu a puntiña e logrou o 0-1. Southgate axitou a árbore e introduciu tres cambios, pero sería un dos que levaba no campo todo o partido, Saka, o que cun lategazo dende fóra da área empataba o partido a falta de dez minutos para o final. 

Outro cuarto de final que ía á prórroga, tres de tres no momento en que se xogaba o partido. E se xa o partido foi insípido, así foi a prórroga, os dous equipos cansados e, salvo algún erro individual, sen nada que contar, encamiñábanse aos penaltis e ata parecía que o buscaban, e o que busca algo acábao atopando. Nos penaltis, vitoria para Inglaterra por 5-4, Akanji errou o primeiro lanzamento da rolda que acabou sendo determinante ao ser o único que errou o seu penalti.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos