Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iñigo Vélez exerce como novo adestrador do Lugo

Iñigo Vélez exerce como novo adestrador do Lugo

O vitoriano, cuarto técnico da temporada, dirixiu o primeiro adestramento no Ceao

Debutará contra o Alavés, primeiro de doce partidos para recortar os doce puntos de distancia coa permanencia

Tino Saqués: "Non consideramos un escenario distinto á permanencia mentres as matemáticas nos dean"

G24.gal 08/03/2023 21:06

Iñigo Vélez xa tomou as rendas do Lugo. O técnico vitoriano, de corenta anos, dirixiu o seu primeiro adestramento no Ceao.

"Recibíronme ben, saben que agora mesmo a peor non se pode ir"

Debutará o sábado ante o Alavés. Ten por diante un gran reto, acadar a permanencia. A súa experiencia desde o banco limítase ao Amorebieta, equipo que el ascendeu á Segunda División.

O Lugo é pechacancelas e ten a salvación a doce puntos.

Da primeira toma de contacto cos xogadores, Íñigo Vélez sacou conclusións: "Necesitan resultados e necesitan apoio. Recibíronme ben, saben que agora mesmo a peor non se pode ir", dixo.

"Hai que buscar solucións, sexan catro, cinco ou seis adestradores"

O presidente Tino Saqués confía en que o equipo reaccione co cuarto adestrador da temporada: "Hai que buscar solucións, sexan catro, cinco ou seis. Non é a primeira vez no CD Lugo, e hai outros clubs que tiveron cinco ou seis."

Non se resigna a considerar un escenario distinto á permanencia: "Non consideramos o segundo escenario. Cando as matemáticas non nos dean teremos que xa traballar nese escenario. Pero agora mesmo traballamos por manternos no fútbol profesional"

Doce partidos, doce puntos

O Lugo ten doce partidos por diante para remontar doce puntos, comezando en Vitoria, na casa do seu novo adestrador: "Que mellor que ir á túa casa e darlle a volta á situación. Contento por ir a Mendizorroza".

E desde o twitter do club, lanzoulle unha mensaxe de ánimo á afección.

Os albivermellos quedan convocados para crer noutra salvación imposible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade