Cargando resultados...
A veciñanza da praia de Raeiros denuncia o abandono da zona no inverno
A veciñanza da praia de Raeiros denuncia o abandono da zona no inverno
As queixas céntranse, sobre todo, na escaseza de alumeado
G24.gal
30/01/2022 13:21
Na contorna da praia de Raeiros, no concello do Grove, a veciñanza denuncia o abandono da zona durante a temporada de inverno cando habitualmente viven menos persoas.
A queixa principal é a falta de seguridade pola escaseza de luz. Hai un grupo de farois sen lámpada, algúns directamente rotos e outros que funcionan puntualmente.
Iso aféctalles tanto ás persoas que viven nas casas da zona como ás que acoden ao areal para pasear ou andar coa bici.
Na súa denuncia está tamén a dificultade no proceso de interlocución coas diferentes administracións.