Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior non exclúe as axencias e operadores turísticos do rexistro de viaxeiros

Interior non exclúe as axencias e operadores turísticos do rexistro de viaxeiros

As axencias presentarán alegacións ao non atender a súa principal demanda

Din que os clientes non entenden porque lles deben dar datos que volveran facilitar nos hoteis

G24.gal 30/12/2024 20:50 Última actualización 30/12/2024 21:01

O borrador da orde do Ministerio do Interior que desenvolve o real decreto do rexistro de viaxeiros non exclúe nin ás axencias de viaxes nin aos operadores turísticos da obriga de recoller e transmitirlle á policía os datos dos viaxeiros.  Esta era a principal petición da patronal do sector xunto coa exclusión do turismo de eventos e congresos.

"A nosa decepción ben fundamentalmente porque non se atende a nosa solicitude inicial de exclusión total das axencias de viaxes e operadores turísticos e entendemos que se incumpre o principio de xerarquía regulatoria", explica Óscar Regal, da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.

Agora teñen ata o 21 de xaneiro para presentar alegacións que multiplica a recollida de datos moitas veces sensibles como é o caso do correo electrónico e o teléfono do cliente e os das tarxetas de crédito e entidades bancarias coas que operan.

"Estamos vendo no día a día que os nosos clientes non acaban de comprender porque se van dar eses datos no hotel tamén os teñen que dar na axencia. E moitas veces o que facemos son reservas que hai que modificar e noutras esas reservas se cancelan", asegura Regal.

A orde ministerial tampouco reduce os datos que deben reunir as empresas turísticas, pero aclara que só sería necesario recoller os que o viaxeiro facilite ou veñan na súa documentación. Isto podería  abrir a porta a que os negocios non teñan que esixilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade