Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inundacións e localidades illadas tras o paso da tormenta Elías por Grecia

Inundacións e localidades illadas tras o paso da tormenta Elías por Grecia

Os problemas máis grandes rexistráronse na illa de Eubea, que fora arrasada polos incendios este verán e onde varias localidades quedaron illadas na parte occidental

Os temporais non dan tregua e levan semanas cebándose con Grecia

Os problemas máis graves rexistráronse na illa de Eubea
G24.gal 28/09/2023 08:43

A tormenta Elías deixou graves inundacións no sur e no centro de Grecia. Poboacións enteiras na cidade de Eubea, ao norte de Atenas, quedaron illadas tras caer unha ponte. 

Primeiro foi Daniel. E agora Elías. Os temporais non dan tregua e levan semanas cebándose con Grecia. 

Os problemas máis grandes rexistráronse na illa de Eubea, que fora arrasada polos incendios este verán e onde varias localidades quedaron illadas na parte occidental. Os danos en vivendas e na rede de estradas rexional son extensos. 

Na rexión de Larisa, capital de Tesalia, ordenouse a evacuación preventiva de varios municipios ameazados polo desbordamento de varios ríos. 

Tras o paso de Elías, así quedou a localidade turística de Metamorfosi, ao sur de Grecia. 

"Eu nacín aquí en 1963, medrei aquí, conta Athanasio, de 60 anos. Todas as miñas lembranzas están aquí. Agora está todo desfeito. Tivemos que tirar con todo".

Hoxe inda seguirá batendo o temporal. Espérase que para mañá comece a amainar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade