Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha investigación da USC avanza na regulación térmica dos dispositivos electrónicos

Unha investigación da USC avanza na regulación térmica dos dispositivos electrónicos

No CIQUS traballan con óxido de estroncio e titanio para controlar a resistencia ao paso da calor

Esta investigación permitiría o desenvolvemento de termorreguladores para unha maior eficiencia enerxética

G24.gal 13/04/2024 13:44 Última actualización 13/04/2024 17:44

Unha investigación da Universidade de Santiago demostra que é posible reducir o quentamento dos dispositivos electrónicos aplicando unha pequena voltaxe que modifica a resistencia á calor.

O estudo do grupo de Química da Materia Condensada achega un avance no desenvolvemento de tecnoloxías máis sostibles e eficientes.

Unha das eivas que presentan os dispositivos electrónicos como ordenadores e móbiles é que o funcionamento dos procesadores acaba producindo unha calor que diminúe o seu rendemento.

Reducir esta temperatura ou incluso transformala en enerxía é o obxectivo futuro deste estudo que traballa con óxido de estroncio e titanio.

"A particularidade que ten este óxido é que é posible mover os ións de osíxeno, é por iso que ten o cambio resistivo. Cando moves o osíxeno dos óxidos sábese que a resistencia térmica pode variar. Entón o que investigamos é se o cambio de resistencia ao paso da corrente eléctrica tamén hai resistencia ao paso da calor", describe Rafael Ramos, do Grupo de Investigación de Química da Materia Condensada.

Con esta medida a resistencia á circulación de calor pódese modular nun 20 %.

"O seguinte paso sería ver se conseguimo ampliar o cambio de resistencia. Estamos investigando tamén os mesmos óxidos e outro tipo que teñan outro tipo de mecanismos, que cambien de estrutura e cousas así", asegura o investigador Rafael Ramos.

Este avance podería aplicarse non só a dispositivos electrónicos senón tamén a outros ámbitos da eficiencia enerxética, como os propios cristais de ventás, para regular a calor nunha vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade