Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cribados masivos para anticiparse ao cancro de pulmón

Cribados masivos para anticiparse ao cancro de pulmón

A Universidade de Santiago analiza cantos fumadores en Galicia poderían beneficiarse dun posible cribado tumoral

Esta doenza causa máis de 20.000 mortes ao ano, polo que é fundamental detectala a tempo

A poboación diana podería oscilar entre as 50.000 e as 250.000 persoas

G24.gal 29/03/2025 14:42 Última actualización 29/03/2025 15:21

O cancro de pulmón causa unhas 22.000 mortes cada ano en España e o 85 % dos casos que se producen están relacionados co tabaquismo. Collido a tempo, ten unha taxa alta de supervivencia, por iso cómpre detectalo nos períodos máis temperás.

Un cribado entre a poboación de risco é unha das ferramentas que se baralla. 

"Facéndoo, o que agardaríamos é que no canto de detectar polo seu curso clínico e sintomatoloxía casos por estar moi avanzados, e mesmo ser inoperables, detectalos nunha fase máis temperá para que puidesen ser casos curables", comenta Alberto Ruano, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O Departamento de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Consellería de Sanidade, acaba de realizar un estudo para coñecer, no caso de chegar a realizarse un cribado masivo, cantos fumadores en Galicia poderían someterse á proba.

"O que se viu foron diferentes escenarios de potencial aplicación deste cribado en poboación galega. Variando as condicións destes escenarios, uns máis amplos, o que nos estarían indicando é que poderían cribarse 250.000 persoas; nun cribado máis restritivo estariamos indo a unhas 50.000 persoas", precisa o catedrático Alberto Ruano.

Os cribados de cancro de pulmón fanse en moi poucos países do mundo, xa que hai controversia sobre a súa relación beneficio-risco. Sobre o que si existe consenso é que o mellor xeito de reducir a probabilidade desta enfermidade é deixar de fumar ou mellor aínda, non facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade