Investigados dous mozos de Lalín como presuntos autores de lesións a unha parella veciña
Investigados dous mozos de Lalín como presuntos autores de lesións a unha parella veciña
Unha das vítimas sofre fractura de nariz e a outra, dun dedo dunha man
A rúa lalinense de Luis González Taboada foi onde tivo lugar o ataque brutal a un mozo e a súa parella por parte doutros dous, tamén veciños de Lalín.
Os investigados como presuntos autores da agresión teñen 19 e 20 anos de idade, segundo informou a comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Ao parecer, a parella agredida estaba nunha zona de máquinas expendedoras o domingo de madrugada cando chegaron os atacantes, que a emprenderon a puñadas co mozo e, cando a súa parella tentou parar a agresión, tamén ela recibiu golpes.
Os dous acabaron no hospital en Santiago; o mozo -que é xogador do equipo de balonmán Lalín- con fractura do nariz e a súa moza cun dedo dunha man roto.
Presentada a denuncia avalada polo informe da asistencia no hospital, a Garda Civil abriu unha investigación aos dous mozos implicados, un deles con antecedentes policiais.