Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigados dous mozos por acoitelar nun brazo un home na Rúa

Investigados dous mozos por acoitelar nun brazo un home na Rúa

Están investigados como autor e coautor dun delito de lesións por ferida con arma branca

G24.gal 12/07/2023 09:57

A Garda Civil interrogou en calidade de investigados dous veciños do concello ourensán da Rúa, de 19 e 22 anos, en relación co acoitelamento nun brazo a un home.

Presuntamente son autor e coautor dun delito de lesións por ferida con arma branca, respectivamente. O caso lévao o Xulgado Número 2 do Barco de Valdeorras.

Un home de 37 anos e veciño do concello lugués de Friol foi ferido na madrugada do 5 de xullo.

O 112 Galicia informaba de que pasadas as doce da noite recibiu varias chamadas en que se avisaba de que o home pedía axuda na vía pública tras sufrir unha agresión na Rúa da Silveira.

Ademais, os alertadores sinalaron que se lle estaba practicando un torniquete co obxectivo de deter a hemorraxia. A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade