Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dun home aparecido semiespido nun cemiterio en Rois 

Investigan a morte dun home aparecido semiespido nun cemiterio en Rois 

Será a autopsia a que determine a causa do falecemento, sen que polo momento a Garda Civil descarte ningunha hipótese, xa que apareceu con varios golpes

G24.gal 29/04/2024 16:29

A Garda Civil investiga o achado do corpo sen vida dun home que apareceu semiespido e con varios golpes no cemiterio de Augasantas, no municipio de Rois (A Coruña).

Segundo informan fontes do Instituto Armado, o cadáver foi atopado o domingo pola mañá ao carón da igrexa. Será a autopsia a que determine a causa do falecemento, sen que polo momento a Garda Civil descarte ningunha hipótese, tampouco a dunha morte natural.

O home apareceu no cemiterio sen camiseta, despois de que na tarde do sábado fora visto por última vez nun bar da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade