Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dun manifestante en Lima nun enfrontamento coa Policía

Investigan a morte dun manifestante en Lima nun enfrontamento coa Policía

Dende o inicio das protestas antigobernamentais faleceron 65 persoas en todo o país

 

Protesta no centro histórico de Lima Protesta no centro histórico de Lima
G24.gal 29/01/2023 10:11 Última actualización 29/01/2023 10:43

O ministerio do Interior do Perú expresoulle este domingo as súas "máis profundas condolencias" á familia do cidadán que morreu este sábado nunha das manifestacións rexistradas en Lima contra o Goberno. 

Ademais, anunciou que o caso xa está a ser investigado pola División de Homicidios da Policía Nacional, xunto co Ministerio Público.

De acordo co informe médico do sistema de Seguridade Social (EsSalud), a vítima foi atendida nun hospital "por unha ferida contuso-cortante detrás da orella, produto dun golpe". Dende o inicio das protestas no mes de decembro, faleceron 65 persoas en todo o país.

Este sábado, centos de manifestantes volveron enfrontarse nas rúas do centro histórico de Lima con axentes da Policía Nacional, aos que lanzaron obxectos contundentes e pirotécnicos, que foron respondidos con gases lacrimóxenos.

Reclaman a renuncia da presidenta Dina Boluarte, o peche do Congreso, o adianto de eleccións xerais e a convocatoria a unha asemblea constituínte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade