Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dunha muller da Laracha cuxo coche apareceu semiafundido no río Anllóns

Investigan a morte dunha muller da Laracha cuxo coche apareceu semiafundido no río Anllóns

A súa familia denunciara horas antes a súa desaparición 

A autopsia determinará a causa do falecemento

G24.gal 19/12/2023 14:03

Axentes da Policía Local e da Garda Civil localizaron no sitio coñecido como Porto Pereiro o coche da vítima, de 45 anos, semiafundido no río Anllóns. A douscentos metros atoparon o seu corpo sen vida.

Oito horas antes, os seus xa denunciaran a súa desaparición. E daquela activouse un dispositivo de busca no que, amais da Policía Local e a Garda Civil, tamén participou algún veciño.

"A súa familia, ao ver que non chegaba, denunciou a súa desaparición. Ela tiña un piso na Laracha e, ao non estar alí, foi cando denunciaron"; "dá moita pena", comentan os veciños da parroquia da Teixoeira.

A Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo, que é quen se encarga da investigación, mantén abertas todas as hipóteses. Unha das que barallan é que a vítima sufrise un accidente de tráfico. Porén será a autopsia a que determine as causas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade