Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dunha muller de 84 anos atopada con negróns na súa vivenda en Vilaboa

Investigan a morte dunha muller de 84 anos atopada con negróns na súa vivenda en Vilaboa

O médico que acudiu ao lugar non certificou que a morte fose natural

Todas as hipóteses están abertas e descoñécese se as marcas foron producidas por un accidente ou pola intervención doutra persoa

Vivenda onde foi achada a muller
G24.gal 25/06/2024 18:07 Última actualización 25/06/2024 21:30

Unha muller de 84 anos foi atopada morta este martes na súa vivenda do concello pontevedrés de Vilaboa, no lugar de Acuña.

Fontes da Garda Civil informan a Europa Press que se abriu unha investigación para aclarar o sucedido, despois de que o corpo da muller fose atopado sobre as 13:00 horas. O médico que acudiu ao lugar non certificou que a morte fose natural.

Pola súa banda, fontes próximas á investigación consultadas explican que a muller presentaba marcas de negróns no corpo, pero polo momento todas as hipóteses están abertas e descoñécese se se debe a un accidente ou á intervención doutra persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade