Morre un home en Barreiros mentres xogaba un partido de fútbol de veteranos
Morre un home en Barreiros mentres xogaba un partido de fútbol de veteranos
O falecido, de 46 anos, veciño de Foz, sufriu unha parada cardiorrespiratoria da que non se recuperou
Participaba no campo das Valgas nunha homenaxe e despedida a outro xogador que se retiraba
Un home de 46 anos, veciño de Foz, faleceu este domingo durante un partido de fútbol de veteranos. Todo indica que sufriu uha parada cardiorrespiratoria.
Sucedeu contra o mediodía deste domingo no campo das Valgas, en San Miguel de Reinante, onde se disputaba unha homenaxe a outro xogador do Iberia, cadro local, que deixaba o club tras case catro décadas no primeiro equipo. O programa incluía un partido entre o conxunto local e un combinado de ex xogadores veteranos da entidade e despois un xantar.
Nun momento do encontro o afectado mareouse e caeu sobre o céspede. Todos os que estaban alí percatáronse da gravidade do que pasaba e dñuas enfermeiras que estaban no campo ademáis do árbitro, tamén profesional sanitario, intentaron reanimalo, mentres daban aviso ao 061. Tamén participaron na reanimación efectivos de Protección Civil.
Ata o lugar foron dúas ambulancias, a medicalizada da Mariña e a de Soporte Vital Básico de Ribadeo que intensificaron os traballos de reanimación.
Malia todos os esforzos foi imposible salvar a vida do xogador o que produciu unha gran consternación entre os presentes, unha cantidade de público importante xa que o xogador e directivo ao que se despedía era moi coñecido no mundo do fútbol.