Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a orixe do lume que calcinou dous coches no xardín dunha casa en Oia

Investigan a orixe do lume que calcinou dous coches no xardín dunha casa en Oia

As lapas estendéronse con rapidez por causas aínda sen determinar

Un bombeiro bota escuma nun dos turismos afectados
G24.gal 09/02/2025 09:39 Última actualización 09/02/2025 18:30

Investigan a orixe do lume que esta noite calcinou dous vehículos no xardín dunha vivenda en Pedornes, no concello de Oia. O Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Guarda conseguiu sufocar as lapas antes de que alcanzasen outros coches que había preto.

Nun primeiro momento, o dono da vivenda tentou apagar o incendio con mangueiras, pero as chamas eran moi virulentas e estendéronse con rapidez. Os bombeiros utilizaron escuma de extinción para controlalo.

No operativo, despregado ás 21:00 horas, tamén participou a Garda Civil e solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño que, finalmente, non tiveron que intervir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade