Investigan as causas do incendio que calcinou o interior dun restaurante en Pontedeume
Investigan as causas do incendio que calcinou o interior dun restaurante en Pontedeume
É o mesmo local onde no verán se produciu un tiroteo
A Garda Civil ten aberta unha investigación para tratar de aclarar as causas do incendio que nas últimas horas se declaraba no interior dun restaurante situado en Pontedeume, xusto á entrada das Fragas do Eume
Foi unha patrulla a que alertou do lume e a través do 112 activouse o protocolo de emerxencias que desprazou ata a zona efectivos dos bombeiros do parque comarcal do Eume, que, con todo, cando chegaron apenas tiveron que intervir, limitándose a ventilar o interior do establecemento, xa que o lume fora extinguíndose pouco a pouco, despois de ocasionar, iso si, pequenos danos materiais.
Non houbo feridos, xa que no momento no que se declarou o lume o restaurante estaba pechado e baleiro. Curiosamente non é o primeiro incidente rexistrado nos últimos meses no que este local é protagonista.
O pasado mes de agosto alguén disparou contra das unhas cristaleiras principais deixando ata dez impactos. A investigación inicial apuntaba entón a que ese incidente podería estar relacionado cun sinal de advertencia ou mesmo unha chamada de atención dirixida aos responsables do local.
Veremos agora que é o que se desprende desta nova investigación, por se cabe pensar que entre os dous incidentes puidese haber algún tipo de relación.