Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan como posible crime machista a morte dunha muller en Mijas

Investigan como posible crime machista a morte dunha muller en Mijas

Caeu do quinto andar dun edificio horas despois de chamar o 112 por unha agresión da súa parella

O home, con antecedentes por violencia de xénero en relacións anteriores, permanece detido

 

G24.gal 15/10/2023 08:50 Última actualización 15/10/2023 09:20

A muller, de 33 anos, chamara a emerxencias por unha agresión da súa parella na noite do venres. Foi trasladada a un centro hospitalario pero non quixo presentar denuncia. Horas máis tarde, apareceu morta nunha urbanización de Calahonda, en Mijas (Málaga).

Precipitouse desde un quinto andar e agora a Garda Civil investiga se foi un crime machista. O home, un británico de 36 anos con antecedentes no sistema de VioGén por relacións anteriores, permanece detido. 

De se confirmar, sería a quinta vítima na provincia de Málaga e a segunda desta semana, tras o asasinato o martes pasado dunha veciña de Benalmádena. A súa parella matouna cunha arma de fogo e logo suicidouse.

En Andalucía, o número de vítimas neste 2023 ascendería a 18, un total de 52 en España no que vai de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade