Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan como un posible asasinato machista a morte dunha muller en Xaén

Investigan como un posible asasinato machista a morte dunha muller en Xaén

O marido da vítima, un home de 80 anos de nacionalidade británica, ingresou en prisión provisional

De se confirmar que foi un crime machista, sería a terceira muller asasinada pola súa parella ou exparella este ano

G24.gal 08/03/2025 14:14 Última actualización 08/03/2025 14:35

Os feitos ocorreron o luns na localidade xienense de Martos. Un home de 80 anos chamou os servizos de emerxencias e dixo que a súa muller, de 78, sufrira unha caída. A vítima foi trasladada ao hospital en estado grave e morreu horas despois.

Nun primeiro momento considerouse unha morte natural pero datos e testemuños recollidos pola Garda Civil levaron á apertura dunha investigación. A autopsia detectou a presenza de lesións compatibles cun posible episodio de violencia de xénero previo ao falecemento.

Ingreso en prisión

O home foi posto a disposición xudicial e este venres o Xulgado de Violencia Sobre a Muller número 1 de Xaén ordenou o seu ingreso en prisión provisional.

Nin el nin a vítima, os dous de nacionalidade británica, figuraban no rexistro do sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, o VioXén.

De se confirmar que foi un crime machista, sería a terceira muller asasinada pola súa parella ou exparella neste 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade