Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o incendio de dous coches no parque de Ánkar en Poio

Investigan o incendio de dous coches no parque de Ánkar en Poio

As lapas calcinaron dous turismos, danaron outros dous e afectaron tamén unha vivenda

Hai dúas semanas queimaron un coche na lindeira localidade de Combarro

G24.gal 28/01/2024 13:52 Última actualización 28/01/2024 14:29

Dous vehículos arderon e outros dous quedaron afectados polas lapas na madrugada do domingo en Poio. Un particular alertou ao 112 de que o seu coche estaba a arder nas proximidades do Parque de Ánkar e que ao seu carón había aparcados outros turismos.

O GES de Sanxenxo e Protección civil de Poio conseguiron extinguir as lapas, que finalmente calcinaron dous turismos, causaron danos noutros dous e chegaron a afectar parcialmente unha vivenda próxima.

A Policía Local está a investigar os feitos e non se desbota a intencionalidade do lume, xa que recentemente queimaron un coche na localidade lindeira de Combarro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade