Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio provocado calcina dous autobuses en Cerceda

Un incendio provocado calcina dous autobuses en Cerceda

Os dous vehículos estaban estacionados en distinta beirarrúa e a varios metros de distancia

G24.gal 14/10/2024 10:04 Última actualización 14/10/2024 14:19

A Garda Civil investiga o incendio simultáneo de dous autobuses da empresa Alsa que estaban estacionados por separado en Cerceda.

Os bombeiros de Ordes recibían un aviso ás doce da noite e acudían sufocar o lume en dous vehículos de transporte público.

Eses incendios empezaron durante a medianoite deste luns na avenida da Coruña, onde as lapas calcinaron por completo un dos vehículos e incineraron a parte interior do outro, xunto coa zona traseira exterior. Non quedou ferida ningunha persoa.

Entre os bombeiros do parque de Ordes e os traballadores de Protección Civil do propio concello de Cerceda apagaron os incendios que empezaron en ambos os vehículos á vez a pesar de estar a ambos os dous lados da vía e a varios metros de distancia.

O persoal de emerxencias descarta a propagación das lapas, polo que a Garda Civil investiga a orixe dos incendios, que só deixaron danos materiais. 

"Non se descarta ningunha hipótese", segundo sinalan fontes do Concello de Cerceda. Os vehículos estaban aparcados nunha zona afastada de vivendas e de elementos de mobiliario urbano.

Mentres, fontes da empresa consultadas por Europa Press confirmaron que se interpuxo a correspondente denuncia sobre este suceso, "que aparentemente é de natureza intencionada", e está á espera da peritaxe para coñecer o custo económico dos danos, aínda que avanzan que os dous autobuses están valorados nuns 180 mil euros,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade