Máis da metade dos veciños afectados polo incendio do garaxe en Culleredo están sen luz e auga
Máis da metade dos veciños afectados polo incendio do garaxe en Culleredo están sen luz e auga
O incendio causou danos en varios vehículos e obrigou a desaloxar os veciños
Vinte e catro horas despois do lume orixinado nun vehículo estacionado nun garaxe do Burgo, no concello Culleredo, os veciños achegábanse a comprobar o estado dos seus coches.
"Fun agora sacar o coche porque onte non nos deixaban baixar e atopeino así de mal".
Outros regresaban ás súas vivendas para facerse con algunhas das súas pertenzas.
"Aquí non podemos vivir. Cheira moitísimo a fume. E polo que din ata dentro de quince días non podemos volver".
E é que por mor do incendio, quedaron sen auga e sen luz.
"Das 96 vivendas, 48 xa teñen auga e luz. A outra metade ten subministración eléctrica desde as doce da noite de onte, pero non tenen auga".
Mentres, a Policía Xudicial da Garda Civil encárgase de investigar os feitos.
"Investigan se se tratou dun feito fortuíto ou se, pola contra, foi provocado", explica Alfredo Iglesias, Policía Local de Culleredo.
"Iso é surrealista. O dono do coche é unha persoa maior, moi bo, é un home excelente. Non o creo", comenta unha veciña.
Amais dos dous vehículos calcinados, outro resultou danado e os 15 restantes que estaban estacionados neste andar quedaron afectados polo fume.