Investigan un posible exceso de velocidade como causa do atropelo a unha anciá en Poio
Investigan un posible exceso de velocidade como causa do atropelo a unha anciá en Poio
Os veciños denuncian a perigosidade do treito da estrada en que se produciu o sinistro
A Policía Local de Poio investiga se o exceso de velocidade está detrás do atropelo dunha muller este luns, cando cruzaba por un paso de peóns. Un condutor que circulaba sentido Pontevedra atropelou unha veciña de 86 anos de volta da compra.
Por sorte, xusto pasaba por alí un veciño médico. A muller permanece na UCI do Montecelo en estado grave.
Os veciños da zona denuncian a falta de medidas de seguridade na estrada, e din que os accidentes son case diarios. Están aínda conmocionados os residentes na avenida San Xoán por este sinistro, pero o certo é que ninguén se sorprende do suceso.
Denuncian que este é un punto negro de accidentes, nunha estrada que soporta moitísimo tráfico. Paradoxos da vida, din que a situación empeorou dende que pintaron os dous pasos de peóns hai pouco máis dun ano, así que piden medidas alternativas.