Cargando resultados...
Investigan un preso por condución temeraria durante un permiso penitenciario
Investigan un preso por condución temeraria durante un permiso penitenciario
Circulou en sentido contrario por unha autovía de Cáceres
O home, de 36 anos, non tiña, ademais, carné de conducir
G24.gal
24/04/2023 09:03
A Garda Civil investiga un preso por varios delitos de tráfico. O home, de 36 anos, e sen permiso de conducir, foi gravado circulando en sentido contrario nunha autovía de Cáceres. Estaba de permiso de fin de semana. Un radar detectárao a 170 quilómetros por hora nun tramo onde a velocidade máxima permitida é de 120. Metérase na autovía para escapar dos axentes.
Tamén investigaron o titular do vehículo como cooperador necesario do delito de condución temeraria, mais unha muller por outro delito de falsidade documental.