Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un presunto roubo cometido hai máis de tres anos na Catedral de Tui

Investigan un presunto roubo cometido hai máis de tres anos na Catedral de Tui

Detectouse antes de 2021, pero foi denunciado esta semana

G24.gal 08/12/2024 14:36 Última actualización 08/12/2024 16:00

A Garda Civil investiga un presunto roubo na Catedral de Tui. Un responsable do arquivo denunciou a subtracción de alfaias, moedas e documentos, ocorrida hai máis de tres anos, xusto no momento en que un empregado foi despedido.

Malia o tempo transcorrido, a denuncia presentouse esta semana, algo que estraña á Benemérita e aos historiadores locais. Tamén consideran excesiva a contía do furto que manexan algúns medios.

Tras o suceso do Códice Calixtino, a Catedral de Tui quixo deixar claro que a súa sé gozaba dunhas completas medidas de seguridade: modernas e tamén dos vellos tempos.

Segundo a Garda Civil, todas as hipóteses e liñas de investigación permanecen abertas e podería haber sorpresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar