Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban a caixa de correo de Nadal dunha aldea de Lalín

Rouban a caixa de correo de Nadal dunha aldea de Lalín

Fora instalada nunha marquesiña por unha familia do lugar para contribuír á ilusión dos nenos

G24.gal 05/12/2024 14:07

Os nenos e os veciños da aldea de Lodeirón, en Lalín, quedaron sen caixa do correo de Nadal por causas que se descoñecen. É unha tradición de hai máis de 5 anos poñer unha caixa na marquesiña do lugar e adornala para que os pequenos depositen as súas cartas a Papá Noel e aos Reis. Porén alguén levouna sen motivo, desatando a incomprensión da veciñanza. 

Non se explican como alguén puido facer algo así, xa que na aldea viven poucas persoas e a iniciativa xurdiu entre membros dunha mesma familia para contribuír á ilusión do Nadal e dos nenos e cren que a persoa ou persoas que o fixeron só tiñan o obxectivo de "facer mal"

A marquesiña está situada nunha recta moi transitada na aldea de Lodeirón, en Vilatuxe. Pensan que o roubo tivo lugar de noite, porque hai catro casas en fronte.

Á persoa que o fixo mándanlle a mensaxe de que "se sente algo, que devolva a caixa, porque aos nenos failles ilusión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade