Investigan un veciño do Corgo de 80 anos por conducir en sentido contrario pola A-6
Investigan un veciño do Corgo de 80 anos por conducir en sentido contrario pola A-6
Varios condutores alertaron a Garda Civil, que o detivo á altura de Baralla
A Garda Civil investiga un veciño do Corgo por un suposto delito de condución temeraria.
O home, de 80 anos de idade, circulou durante 18 quilómetros en sentido contrario pola autovía do Noroeste en Baralla o pasado mércores 12 de xullo.
A Garda Civil tivo coñecemento dos feitos sobre as once da noite grazas ás chamadas de varios usuarios da autovía.
Dúas patrullas do Destacamento de Tráfico Guardia Civil de Lugo e unha de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Becerreá conseguiron interceptar o condutor á altura do quilómetro 479, preto do Corgo, sen que se producise ningún sinistro.
Unha vez identificado o condutor do vehículo, foi imputado como investigado pola suposta comisión nun delito de condución temeraria.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Becerreá.