Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha suposta agresión sexual a unha menor durante unhas festas en Cee

Investigan unha suposta agresión sexual a unha menor durante unhas festas en Cee

Os feitos ocorreron o venres pasado na parroquia da Pereiriña

G24.gal 06/08/2024 11:36

Investigan unha presunta agresión sexual a unha menor nas Festas da Pereiriña de Cee.

O pasado venres durante os festexos desta parroquia ceense. Foron os propios membros da comisión de festas os primeiros en atender unha menor, quen fora vítima de tocamentos, e á que axiña levaron ao hospital da Xunqueira para ser atendida.

Ademais identificaron o presunto autor dos tocamentos quen, ao parecer, sufría unha intoxicación etílica e tamén foi asistido no centro sanitario. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade