Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irene Montero confía en chegar a un acordo co PSOE para a reforma da lei do "só si é si"

Irene Montero confía en chegar a un acordo co PSOE para a reforma da lei do "só si é si"

A ministra de Igualdade di que a reforma debe xurdir da maioría feminista das Cortes e propón negociar sen pausa cos socialistas

G24.gal 25/02/2023 19:07 Última actualización 25/02/2023 19:26

A ministra de Igualdade confía en que o consenso co PSOE sobre a reforma da lei do só si é si  se acade antes do seu debate parlamentario, que se comezará previsiblemente o 7 de marzo. Montero pídelles aos socialistas que senten a negociar e tamén que non se levanten da mesa as dúas partes do Goberno ata acadar o acordo.

"Estámoslles pedindo que senten. Como saben, é moi importante que cheguemos a un acordo antes de darlles a oportunidade ao Partido Popular e a Vox de sumaren os seus votos para volver ao Código Penal da Manada. Ten que ser unha resposta unitaria como Goberno que xurda tamén da maioría feminista das Cortes Xerais, que preserve o consentimento no centro, porque esa é unha conquista das vítimas e do conxunto das mulleres".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade